Friday 03 de May de 2024

A Aula Mentor EducaOroso abre o prazo de inscrición nos cursos Cisco CCNA5


O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, abre o prazo de inscrición en todos os módulos dos cursos Cisco CCNA 5 Routing and Switching. A matrícula poderase realizar na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950 antes do vindeiro1 de febreiro.

Os CCNA Cisco son unha certificación internacionalmente recoñecida como un estándar da industria para o deseño e soporte en redes LAN e Wan, que garante que os estudantes certificados gozan dun alto nivel de coñecementos. Uns cursos que, a diferenza da flexibilidade do resto da oferta formativa da Aula Mentor EducaOroso, teñen uns prazos máis ríxidos e que comenzarán a impartirse o próximo 13 de febrero, polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 6-10 de febreiro.

Para matricularse nun módulo é requisito imprescindible ter superados os módulos anteriores. O alumnado que desexen completar cada módulo debe manter activa a súa matrícula durante cinco meses, partindo dunha matrícula inicial de dous meses e podendo recargar o resto nunha única operación ao inicio ou de xeito paulatino mes a mes para evitar a perda do invertido no caso de abandono.